Deportes

Preto de 900 persoas no Quiroga Trail Challenge 2020

A proba dividiuse en dúas etapas: Trail do Castelo (64K, 42K, 25K e 15K) e Trail do Lor (25K e 15K)

Saída do Trail do Castelo.

Un total de 874 deportistas participaban na pasada fin de semana no Quiroga Trail Challenge 2020, un dos circuítos de carreiras por montaña máis esixente do noroeste da península, que nesta edición contou cunha gran novidade xa que a organización decidiu concentrar as dúas etapas nas que se divide a proba.

O sábado 15 de febreiro celebrábase o Trail do Castelo, segundo os participantes “un dos trails máis completos do calendario”, con zonas moi técnicas cheas de auga e barro, espectaculares subidas polas cristas do Pico da Torca e do Montouto, con zonas máis propicias para soltar as pernas correndo por antigos camiños ou gozando das bonitas vistas do val do río Soldón. O máis rápido na carreira era Fernando Arca Casal que completaba os 64 quilómetros nun tempo de 07:51:14. Na maratón (42K) o primeiro en chegar á meta era Carlos Bardanca Fuentes cun tempo de 04:35:00. No trail curto (25K) vencía Adrián Rodríguez Díaz que tardaba 02:26:04; e no minitrai (15K), Manuel Pais Taje (02:26:04).

Para a mañá do domingo día 16 quedaba o Trail do Lor, definido polos participantes como “o trail máis duro e salvaxe de Galicia”, cun percorrido moi técnico e repleto de subidas e baixadas que cruza o río Lor durante preto de 80 metros. O vencedor da proba de 25 quilómetros foi Adrián Rodríguez Díaz que facía dobrete, cun tempo de 03:20:33. No mini trail do Lor o máis rápido foi Iñaqui González Arias (01:59:46).

Neste vídeo podemos ver a saída do Trail do Castelo na mañá do sábado 15 de febreiro.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close