En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Preto de vinte comparsas percorren O Barco no desfile de Carnaval

A cita, que se aprazaba por mor das chuvias do pasado Martes de Entroido, congregaba a multitude de persoas

Co son da charanga Os Caliqueños de Celanova poñíase en marcha o desfile de Carnaval do Barco na tarde do domingo 18 de febreiro. Nel participaban preto de vinte agrupacións, entre as que destacaban comparsas dos centros educativos barquenses, pero tamén doutros concellos próximos como Rubiá, así como de diferentes asociacións valdeorresas.

Animais de diferente tipo, pallasos, traxes de época, piratas, unha “confraría da purrela” e ata un circo ao completo desfilaban dende as proximidades do hospital ata a praza Maior do Barco. O desfile pechábao o Folión Os Viticultores de Vilamartín. Na praza Maior a festa continuaba ao ritmo da discomóbil Boafesta.

Este desfile estaba previsto inicialmente para o pasado Martes de Entroido, sen embargo as intensas chuvias desa xornada levaban á Concellería de Cultura do Barco a decidir aprazalo ata este domingo.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

Máis fotografías do desfile en:
https://osil.info/desfile-de-carnaval-barco-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button