EconomíaEconomíaÚltima hora

Previsel pecha as portas en Expourense con máis de 2.400 visitas en dous días

O director xeral de Emerxencias, Luis Menor, foi o encargado de clausurar esta edición do Salón da Prevención e Seguridade Laboral

Un total de 1.600 personas participaron activamente nas 45 actividades formativas propostas por Previsel 2018, cita que recibiu unhas 2.400 visitas en dous días. Son as cifras da 13ª edición do Salón da Prevención e Seguridade Laboral que era clausurado no mediodía do 12 de abril polo director xeral de Emerxencias. Na súa intervención, Luis Menor explicou que “a prevención contribúe a evitar situacións de emerxencias ou a reducir o impacto ou a gravidade destas” e indicou que “é imprescindible a planificación previa, a promoción da cultura da prevención e o coñecemento do entorno. Por iso, dende Emerxencias Galicia traballamos por crear plans adaptados ás necesidades de cada territorio”.

O director xeral de Emerxencias estivo acompañado polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; polo vicepresidente da CEO, José Manuel Díaz; polo director do ISSGA en Ourense, Ángel López; pola presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, e polo presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, Elías Mera.

Este acto de clausura serviu como marco para a entrega de placas de agradecemento da organización de Previsel aos colaboradores desta edición.

Artigos relacionados

Back to top button