PolíticaÚltima hora

Primarias de Nós-Candidatura Galega en Valdeorras

O proceso de primarias para a elección dos cabezas de lista e integrantes de Nós-Candidatura Galega ás vindeiras eleccións do 20 de decembro desenvolvíase na xornada do 8 de novembro coa participación de 5.812 persoas en toda Galicia. Valdeorras non era allea a este proceso.

Votacións en Valdeorras./ Foto cedida.
Votacións en Valdeorras./ Foto cedida.

“Esta é unha candidatura 100% galega, centrada na defensa dos intereses da nación galega. Nós-Candidatura Galega nace a partir dun proceso de base amplo, participativo e democrático, aberto á sociedade, e no que as persoas candidatas se escolleron en primarias. Único caso na Galiza”, explican dende esta candidatura.

Nós-Candidatura Galega está integrada polo BNG e por outras cinco forzas políticas.

Artigos relacionados

Back to top button