Galerías de fotosÚltima hora

Primavera entre historias, na Biblioteca de Verín

Celtia Figueiras vén de poñer en marcha nesta instalación cultural o programa “Estacións en contos” na tarde do 7 de abril

 

Cada estación, un conto. É a proposta do programa que poñía en marcha Celtia Figueiras na tarde do 7 de abril na Biblioteca Municipal de Verín. Leva por título Estacións en contos” e inclúe catro contacontos distribuídos ao longo do ano con estéticas e dinámicas diferentes, en función de cada estación.

A actividade principiaba con “Contos na Primavera”. Estaba destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Este programa sitúase “no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización”, segundo a Biblioteca Municipal de Verín.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close