CulturaCultura

“Primavera Musical” co Cineclube Padre Feijóo o 19 e o 20 de abril

 

Cartel do evento.

O Cineclube Padre Feijóo volve traer a “Primavera Musical” a Ourense os vindeiros días 19 e 20 de abril. A primeira cita é con “Grimme Danger”, ás 18:00, 20:30 e 23:00 horas na Biblioteca Pública de Ourense. Este grupo presentapresenta o contexto no que o grupo The Stooges evolucionaron musicalmente, culturalmente, politicamente, historicamente, a través das súas aventuras e as súas desgrazas, evocando as súas fontes de inspiración e as razóns dos seus primeiros desafíos comerciais, ata a súa chegada ao panteón do rock. Rock’n’roll potente e agresivo de The Stooges, que apareceu en Ann Arbor, Michigan, durante unha revolución contra-cultural, foi como unha bomba na paisaxe musical de finais dos anos sesenta. Coa súa mestura de rock, blues, R&B e free jazz, o grupo no que debutou Iggy Pop plantou os cimentos do que se coñecería posteriormente como rock alternativo. Este documental narra a epopea de The Stooges, un dos grupos de rock máis importantes de todos os tempos.

Ao día seguinte, 2o de abril, a cita será de balde no Café Cultural Auriense con “Leonard Cohoen: I’m your man”; compositor de cancións; poeta; icona da contracultura; e consumado sedutor. Todo iso é o canadense Leonard Cohen, un grande da música desde que apareceu en escena en 1967. Este documental réndelle homenaxe.

Artigos relacionados

Back to top button