DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Primeira derrota para o Rúa-Valdeorras CF

O equipo de fútbol feminino caía no Aguillón por 1 gol a 3 ante o Victoria FC de Santiago

Non pudo ser. Malia o inmellorable comezo de liga e o esforzo do equipo por permanecer invicto, na mañá do 18 de outubro o Rúa-Valdeorras CF perdía o primeiro partido da tempada. No campo do Aguillón fronte ao Victoria FC que demostrou ser un gran rival, o conxunto rues cedía os tres primeiros puntos e o liderato ao perder por 1 gol a 3.

Non sen certa polémica ante as decisións do colexiado, o equipo compostelán adiantábase no marcador chegando ao descanso co 0-2 e a expulsión do míster rues. Xa na segunda metade, o equipo visitante aínda marcaría o terceiro gol malia quedar con dez xogadoras no campo. Tamén Carol marcaba para as locais o único tanto do partido a escasos minutos do final, sen tempo xa para a remontada.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button