En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Primeira feira en Fontei (A Rúa) trala entrada en vigor do estado de alarma

Neste domingo 7 de xuño, numerosas persoas se achegaron ata o mercado para facer as compras ou tomar unha tapa de polbo

 

Cada vez que a feira do día 7 en Fontei (A Rúa) cae a domingo, as rúas da vila énchense de xente, especialmente pola mañá. Uns mercan, outros toman unha tapiña de polbo ou simplemente dan un paseo ollando os postos. E iso foi o que pasou esta mañá, 7 de xuño, co engadido de ser a primeira feira na Rúa despois da entrada en vigor o estado de alarma polo coronanavirus.

 

Tomando unha tapa de polbo na feira do día 7, na Rúa.

 

Hai ganas de saír e volver á “normalidade” e iso notouse. Aínda que sen aglomeracións, a mañá foi un constante goteo de xente, subindo pola rúa Telesforo Ojea ata a praza Enriqueta Casanova e baixando pola Padre Feijóo. Unha das medidas de seguridade e hixiene impostas dende o Concello para evitar posibles contaxios e controlada polos voluntarios de Protección Civil, encargados de avisar á xente de que hoxe as rúas eran de dirección única. E ao longo delas, coa separación indicada e todos os sistemas de hixente (luvas, xel,…), colocados coma sempre os postos de alimentación, roupa, calzado, plantas,…

 

Posto de doces da panadería Tabal.

 

Faltaban moitos que adoitan vir cada mes, pero os que non faltaron á cita foron os pulpeiros (da Rúa, do Barco, da Portela,…) os grandes protanistas da mañá, nin as panaderías como a Tabal que puxo un posto con doces e empanadillas na praza do Concello.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button