Concellos

Primeira festa solidaria da Asociación Pro-Animais de Verín o día 27

Será de 16 a 21 horas na praia fluvial do Támega
Cartel da iniciativa.
Cartel da iniciativa.

A Asociación Pro-Animais de Verín organiza en colaboración co Concello por primeira vez unha festa solidaria o vindeiro día 27. O obxectivo é concienciar sobre a acollida e a asistencia de animais abandonados. Celebrarase na praia flluvial do Támega en horario de 16 a 21 horas. Será de carácter gratuíto e incluirá música, sorteos, inchables para os pequenos e exhibiciós deportivas e de adestramento canino.

Programa:
– 16h.- Inicio do evento. Animación con Discomóbil.
– 17h.- Musical “Hoy no me puedo levantar”, con alumnos do IES Xesús Taboada Chivite.
– 17.30h.- Actuación en directo de Viky.
– 17.45h.- Exhibición de WuShu por parte de Xosé Manuel Ferreira.
– 18h.- Desfile canino para adopción.
– 18.30h.- Adestramento canino.
– 19h.- Desfile canino de animais adoptados.
– 19.30h.- Actuación musical de David Rodríguez Rivada.
– 20h.- Actuación musical, de baile e canto de hip hop.
– 20:30h.- DJ Piky.

Artigos relacionados

Back to top button