DeportesÚltima hora

Primeira quedada da tempada, sen morte, para o club de pesca deportiva Spinning Valdeorras

Uns quince socios participaron na saída ata o encoro de Prada, na Veiga

 

Despois de moito esperar, o club de pesca deportiva Spinning Valdeorras decidíase por fin a organizar unha saída en grupo, aínda que as medidas de Sanidade polo coronavirus obrigaron a facelo dun xeito un pouco especial.

Unicamente podían ir quince así que decidían pescar por separado, cada un nun punto do encoro de Prada, no concello da Veiga. Ata alí se desprazaban na mañá deste domingo 7 de xuño, pescando cadansúa troita que despois devolvían á auga. “No noso club fomentamos a pesca deportiva e sostible”, explica o presidente Daniel Prada, engadindo que nesta ocasión mantiveron o contacto vía teléfono. “Como estabamos separados, cada un ía colgando no grupo de Whastapp a foto da troita capturada, así como vídeos da solta”, di, asegurando que a néboa foi a gran protagonista da mañá, que remataban cun xantar.

Xa de cara a un futuro non moi lonxano, dende o club Spinning Valdeorras esperan organizar algunha actividade infantil nas augas do río Sil, no Barco de Valdeorras.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button