ConcellosÚltima hora

Primeira reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico no Barco

Con este encontro a entidade transfronteiriza pretende apoiar á celebración da Festa do Botelo e o dinamismo dos concellos do interior de Galicia

 

Imaxe dunha reunión do Eixo Atlántico.
Imaxe dunha reunión do Eixo Atlántico.

A Casa do Río Cigüeño converterase o vindeiro 20 de xaneiro en escenario da primeira Comisión Executiva do Eixo Atlántico que se celebre no Barco. Este encontro realízase ademais tras a incorporación do alcalde barquense, Alfredo García, á executiva desta entidade transfronteiriza, segundo se indica dende o Concello.

A reunión desenvolverase durante a mañá e no seu decurso farase un balance de xestión e analizarase o informe económico do pasado exercicio. Na orde do día tamén se inclúe a aprobación do orzamento e o programa do ano 2015, que será sometido á valoración da Asemblea Xeneral, que está programada para o vindeiro mes de febreiro.

Asemade tamén se elixirá á cidade que se convertirá en Capital de la Cultura del Eixo Atlántico, en 2016, tendo en conta as cidades que presentaron candidatura. No pasado ano, esa capitalidade exercíaa Ourense.

“Con esta reunión, asimesmo, o Eixo Atlántico quere apoiar a celebración da Festa do Botelo e, en xeral, resaltar o dinamismo e potencialidades das cidades do interior de Galicia, entre as que destaca O Barco de Valdeorras que participa activamente no proxecto europeo Eixo Interior coa iniciativa do Centro de Produtos Tradicionais”, tal e como se sinala dende o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button