OurenseÚltima hora

Primeira saída da UCI do Hospital Universitario de Ourense dun paciente con coronavirus

Ao superar os 20 pacientes Covid en Coidados Intensivos, no hospital ourensán avánzase unha nova fase no plan de continxencia, polo cal se habilita a Unidade de Reanimación como ampliación da área de atención a pacientes Covi

A boa nova desta mañá no Hospital de Ourense era a saída do primeiro paciente COVID da UCI, que foi trasladado a planta, entre aplausos do persoal sanitario, tras ser extubado onte. Ademais, nas próximas horas, “en función da súa evolución, se espera o traslado a planta de dous pacientes mais, aos que se lles retirou a ventilación mecánica e permanecen na UCI ata que o seu estado mellore”, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Ademais, indícase que unha vez superados os 20 pacientes con COVID-19 en Coidados Intensivos do Hospital Universitario de Ourense, “avánzase unha nova fase no plan de continxencia, polo cal se habilita a Unidade de Reanimación como ampliación da área de atención a pacientes Covid, con necesidades de coidados críticos. Isto implica que, aos recursos do Servizo de Medicina Intensiva, súmanse os do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación para a atención de críticos COVID”.

Neste senso, foi preciso, en aplicación do plan de continxencia COVID-19, da Área Sanitaria, dispoñer de novos espazos para a atención a pacientes críticos, que se teñen habilitado previamente.

Xunto a elo, acábanse de habilitar “dúas novas áreas de expansión, dentro do Bloque cirúrxico da segunda planta, en previsión de posibles ampliacións de críticos COVID. Son seis novas camas UCI dotadas de equipos de ventilación mecánica, tres en cada espazo”.

Fotos cedidas

O vídeo do momento pode verse no seguinte enlace: https://www.facebook.com/ComSergasOU/videos/263507337980106/

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close