EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A primeira vendima da tempada, o 1 de agosto na Rúa

Manichy recollía sete cestos de albillo nunhas parras situadas na zona de Pedrazais

Gratamente sorprendido pola cantidade e a calidade das uvas, se atopaba Manichy trala vendima que facía na xornada do 1 de agosto na súa finca da Rúa, a primeira da campaña na comarca de Valdeorras.

A colleita foi de sete cestos, dous máis que o ano pasado, recollidos nas cepas que ten en parras da variedade albillo situadas na zona de Pedrazais, na Rúa Vella. “É unha variedade branca que madura moi cedo, pero este ano adiantouse tres semanas con respecto ao ano pasado”, explica Manichy, engadindo que lle deu unha graduación de 11,5 “algo impresionante a 1 de agosto”.

O propio viticultor asegura que con case total seguridade antes de fin de mes comezarán as vendimas noutras viñas. “Calculo que nunhas tres semanas”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button