ConcellosO BarcoÚltima hora

Primeira visita a Valdeorras do delegado do Goberno en Galicia

 

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, realizaba neste 19 de agosto a súa primeira visita oficial á comarca de Valdeorras. Chegaba ao Barco pasadas as 12h. para reunirse co seu alcalde, Alfredo García, así como con membros do equipo de goberno e co senador, Miguel Bautista.

Nas súas primeiras declaracións, Miñones poñía en valor “todos os investimentos que dende o goberno do Estado se están a facer”, indicando que son “case 74 millóns de euros o que se está a investir na comarca” e, entre eles, destacaba o programa 1,5% cultural, que “non se coñece moito, pero que permite esa recuperación do patrimonio e que neste caso van 300.000 euros para esa segunda fase dunha primeira fase que xa se fixo no 2012, daquela co 1% cultural e, polo tanto, é unha continuidade deses traballos que se estaban demandando dende o Concello”.

 

 

Tamén aludía ao investimento na circunvalación do Barco, “séguese traballando nesas obras para darlle ese impulso necesario, así como á A-76 e mesmo a programas xa fóra do ámbito de infraestruturas como poda ser esa oficina de expedición do DNI que despois de moitos anos que o alcalde estivo detrás delo, pois conseguiu para que se poña en marcha a partir de setembro de forma permanente”.

O delegado do goberno apuntaba así mesmo que “queremos que as visitas institucionais sexan visitas de traballo e, polo tanto, agora ímonos xuntar co alcalde do Barco para coñecer as demandas e intentar dende a delegación tamén poñer en marcha novas iniciativas”.

Tras esta reunión está prevista unha visita á fortaleza do Castro, onde se está a executar unha actuación de rehabilitación incluída no programa do 1,5% Cultural do Goberno.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-proxecto-da-circunvalacion-do-barco-entre-os-asuntos-abordados-na-visita-do-delegado-do-goberno-en-galicia/

Artigos relacionados

Back to top button