DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Primeira xornada de paseos e deporte individual en Valdeorras, tras mes e medio de confinamento

 

Pasear, correr ou montar en bicicleta. Son algunhas das actividades que desenvolveron hoxe, sábado 2 de maio, os Valdeorreses, na primeira xornada despois de 48 días de confinamento, na que podían saír á rúa para pasear ou facer deporte de forma individual.

Entraban así en vigor as novas medidas de alivio no estado de alarma establecidas polo Ministerio de Sanidade, previas á “desescalada” por fases que entrará en vigor o vindeiro luns 4 de maio. Trátase dun novo paso adiante que autoriza aos cidadáns a saír, cunha serie de restriccións. Poderase saír a facer deporte en solitario, mantendo a distancia de seguridade, sen acotamento espacial dentro do propio municipio ou a pasear “cun convivinte” a un kilómetro do domicilio.

Nos municipios con máis de 5.000 habitantes os paseos e deporte para maiores de 14 anos será de 6 a 10 e de 20 a 23 horas; e ás saídas de persoas dependentes (acompañadas por un coidador) e maiores de 70 anos: de 10 a 12 e de 19 a 20 horas.

Pero en lugares con menos habitantes como é o caso da Rúa ou Vilamartín de Valdeorras, non existe tal restriccións polo que ao longo da xornada pudo verse, iso si sen aglomeracións, á xente desfrutando dun primaveral día. No caso do Barco, só pola mañá e pola tardiña.

Fotos: Mónica G. Bellver/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button