OurenseÚltima hora

Primeira xornada de portas abertas na nova sede do arquivo de Ourense

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, visitou as instalacións, no antigo Convento de San Francisco

O conselleiro en funcións, Román Rodríguez, no convento. / Foto: cedida.

 

A nova sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense celebra a súa primeira xornada de portas abertas para mostrar aos cidadáns as novas instalacións no antigo Convento de San Francisco. Os veciños puideron aprezar as modificacións arquitectónicas do edificio e visitar os espazos do arquivo, as oficinas administrativas, as salas de investigación os depósitos e as zonas de exposición.

O novo inmoble recibiu hoxe, mércores 29 de xullo, a visita do conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez e do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo. Rodríguez quixo destacar durante o acto que o traslado de fondos á nova sede é “o maior que se fixo nunca en Galicia”. Así mesmo, subliñou a importancia deste proceso pois o arquivo cota con fragmentos de códices, incunables, máis de 1.700 libros de institucións relixiosas, do Catastro de Ensenada ou do fondo antigo bibliográfico, así como documentos anteriores a 1960, facsímiles ou obras en formato especial.

 

Imaxe da visita. / Foto: cedida.

 

Os traballos de traslado continuarán ata o mes de setembro e inclúen o transporte de 54.000 caixas de documentación, libros, pergamiños, carpetas e outros fondos, ademais de mobiliario e enseres. As actuacións contan cun importe próximo aos 100.000€ sufragados polo goberno autonómico. O traslado estará supervisado polo persoal técnico do arquivo e o director, Pablo Sánchez Ferrol, co obxectivo de garantir, o coidado dos fondos. As xornadas de portas abertas continuarán mañá, 30 de xullo, e xa se esgotaron todas as prazas dispoñibles.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close