DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Primeira xornada do galego de probas combinadas no Barco

A chuvia e problemas coa fotofinish marcaban na mañá do sábado 27 de xullo o inicio do Campionato de Galicia de probas combinadas, que durante esta fin de semana se disputará nas pistas de atletismo barquenses de Calabagueiros.

Eses problemas técnicos obrigaban á organización, en mans da Federación Galega de Atletismo, a suspender as probas da mañá e a trasladalas para a tarde, comezando ás 16:30h. cos 100 valados femininos, seguidos polo octathlon masculino. A competición prolongábase ata máis alá das 21h. finalizando cos 400 masculinos e co decathlon.

O galego continuará na mañá do 28 de xullo, a partires das 9:50h., cunha serie de probas que decidirán os podios autonómicos desta modalidade atlética. Neste campionato participan clubs de diferentes puntos de Galicia, entre eles o Ourense Atletismo, pero non se conta con representación valdeorresa.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button