DeportesÚltima hora

Primeira xornada no Barco da VIII Liga galega de atletismo de categorías menores de inverno

Desenvolverase o vindeiro sábado 26 de outubro a partires das 16h. nas pistas de Calabagueiros

Imaxe dunha proba da pasada Liga Abanca no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ponse en marcha no Barco a VIII Liga Galega de atletismo Abanca de categorías menores de inverno. A primeira das xornadas desta competición está prevista para o sábado 26 de outubro nas pistas de Calabagueiros a partires das 16h. Esta liga inclúe as categorías Sub10 (2010-2011), Sub12 (2008-2009) e Sub14 (2006-2007).

Esta primeira xornada iniciarase coas proba de 60 m valados Sub14, co salto de lonxitude Sub12 e co lanzamento de peso Sub10. A xornada finalizará pasadas as seis da tarde coas probas dos 60 metros lisos.

Este evento deportivo será organizado pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) e controlada polo Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.

Artigos relacionados

Back to top button
Close