En portadaGalerías de fotosÚltima hora

As primeiras imaxes da serie “Vigado Palace”, nas redes sociais

Este miniserie de tres capítulos, rodados en Verín e en Vidago, é unha coprodución na que participa Porcocabo, produtora do valdeorrés Alfonso Blanco

Apenas un par de meses despois de que a súa rodaxe rematase en Verín, vén de lanzarse nas redes sociais o teaser da serie de televisión “Vidago Palace”. Nel poden verse as primeiras imaxes esta miniserie de seis capítulos.

Trátase da primeira coprodución luso-galaica, posible grazas a un convenio entre a produtora galega Porcocabo TV, cuxo director xeral é o valdeorrés Alfonso Blanco, e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Chaves-Verín.

Esta serie, rodada tamén en Vidago (Portugal), relata unha historia de amor entre mozos de clases diferentes no verán de 1936, unha época marcada polo estalido da guerra civil española e polas conveniencias familiares e sociais. Esta serie conta cun elenco de actores galegos e portugueses entre os que están Sheyla Fariña e David Seijo.

 

Escena de “Vidago Palace”, rodada no manancia de augas Cabreiroá de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

A súa emisión está prevista neste ano na TVG e na RTP (Radio Televisión Portuguesa), e os seus dereitos de transmisión teñen sido preadquiridos tamén por outras televisións europeas.

O teaser pode verse na ligazón:
https://www.facebook.com/Vidago.Palace.hotel.Spa/

Artigos relacionados

Back to top button