ConcellosEn portadaEntroido 2022Galerías de fotosManzanedaÚltima horaVídeos

Primeiras saídas do Fulión de San Martiño (Manzaneda)

Publicidade

 

O son do Entroido xa envolve as rúas de Manzaneda. A finais de xaneiro comezaban as primeiras saídas do Fulión de San Martiño (Manzaneda) pola parroquia. Unha delas tiña lugar nesta tarde de sábado.

 

 

Veciños de diferentes idades, gardando as medidas de seguridade e algúns deles disfrazados, percorrían as rúas tocando bombos, sachos e cornas, co característico ritmo deste fulión que se recupera despois do obrigado parón do 2021 por mor da pandemia.

 

 

Son as primeiras saídas antes dos días grandes do Entroido, unha tradición que en terras de Manzaneda se vive con gran intensidade e sentimento.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button