CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Primeiro concerto da Banda de música Candea nas festas de Viana

Esta formación musical, que reúne a instrumentistas de diferentes idades, tocaba na sesión vermú do 15 de agosto

Malia que xa tiñan actuado anteriormente na súa vila, esta é a primeira vez que tocan na praza Maior de Viana e no marco das festas súas patronais. Por iso había moita expectación no mediodía do 15 de agosto, día da Asunción, ante a chegada da Banda de Candea.

Esta agrupación musical comezaba o seu concerto rozando as dúas da tarde cun pasodobre moi festivo: “Quen teña viño”. Deseguido daba paso a outro tipo de pezas variadas como a alborada “Acacias floridas”, que se intercalaban os aplausos do público. Nesta banda de música vianesa tocan instrumentistas de diferentes idades.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
https://osil.info/viana-do-bolo-honra-a-virxe-da-asuncion/

Artigos relacionados

Back to top button