ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Primeiro día de exposición pública do Plan Básico Municipal de Río

Exposición pública do Plan Básico Municipal en Río./ Cedida.

 

Neste luns 19 de abril vén de someterse a exposición pública no Concello de San San Xoán de Río o borrador do Plan Básico Municipal deste municipio. Ademais haberá unha serie de datas, por parroquias, nas que se contará na Casa Consistorial con persoal redactor do citado documento co fin de que a veciñanza poida realizar as súas consultas, así como as alegacións que crea convintes, tal como informa o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez, nunha nota feita pública.

Esas datas serán os días 26 de abril, 3 de maio e 10 de maio. Atenderanse as consultas con cita previa e tamén as videochamadas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button