DeportesGalerías de fotosPescaÚltima hora

Primeiro día do campionato de pesca clasificatorio para o nacional de auga doce, na Rúa

22 pescadores de toda Galicia participan neste campionato, no Encoro de San Martiño

 

Dende ben cedo e ata ben entrada a tarde deste domingo 8 de agosto, celébrase na Rúa o primeiro día da proba clasificatoria para o Campionato de España de Pesca en Auga Doce.

En total son 22 os pescadores, chegandos dende Vigo, A Coruña e Ourense, entre os que hai oito da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras, os que participan neste clasificatorio, no Encoro de San Martiño.

O segundo día do campionato será o 22 de agosto, no encoro de Chandrexa de Queixa, e da suma das dúas mangas (A Rúa e Chandrexa) sairán os tres galegos que participarán xunto ao gañador do autonómico, na proba nacional.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button