Galerías de fotosÚltima hora

Primeiro día laborable do estado de alarma en Valdeorras, en imaxes

 

Con escasa circulación de peóns polas rúas transcorría este primeiro día laborable en Valdeorras con estado de alarma pola crise do coronavirus. Neste luns 16 de marzo podía verse a persoas que se desprazaban aos seus traballos, outros de compras e a algúns paseando as súas mascotas.

No caso do Barco, coa hostalaría e a meirande parte do comercio pechado (agás os establecementos que permite o real decreto), as rúas e prazas estaban case baleiras e a circulación de vehículos era moi escasa na estrada xeral e o Malecón a horas como o mediodía ou a media tarde, nas que normalmente é complicado circular en coche pola vila.

Noutras localidades como A Rúa algúns establecementos pechados teñen colocados mensaxes de ánimo, nalgúns casos realizados polos máis pequenos.

Fotos: A.R./ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close