Vén de rexistrarse a primeira persoa falecida por coronavirus na Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Segundo se confirma dende a Consellería de Sanidade, trátase dunha muller “de 93 anos, infectada por coronavirus e con varias patoloxías previas, ingresada no Hospital Universitario de Ourense”.