Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Primeiro mitin de campaña de Anova en Ourense

Ademais do candidato á alcaldía na cidade, no acto participaban a eurodeputada Lidia Senra e os cabezas de lista da formación en Manzaneda, en Toén e Pereiro de Aguiar

Lito Prado, candidato de Anova á alcaldía de Ourense, no mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.
Lito Prado, candidato de Anova á alcaldía de Ourense, no mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cun chamamento de Jorge Lamas, candidato de Anova á alcaldía de Pereiro de Aguiar, á necesidade de crear un cinto de concellos “vermellos que protexan á comarca dos atroces recortes do PP” comezaba o primeiro mitin de campaña de Anova na cidade de Ourense. Tiña lugar no edificio de Ferro da Universidade de Ourense e reunía a unhas 200 persoas. Nel o candidato desta formación na capital da provincia, Lito Prado, estivo acompañado pola eurodeputada Lidia Senra, o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, e polos cabezas de lista de Anova en Toén e Pereiro de Aguiar.

Un dos momentos do mitin de Anova no edificio de ferro./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos momentos do mitin de Anova no edificio de ferro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Este último, Carlos Lorenzo, reivindicaba no seu discurso unha área metropolitana “que comunique aos diferentes concellos da comarca” ourensá. Pola súa banda, o rexidor de Manzaneda e de novo candidato á alcaldía, facía fincapé na capacidade que teñen os concellos para mudar as cousas e protexer á cidadanía cun énfase nas políticas sociais. De seguido, Lidia Senra aludía aos ataques do “ultraliberalismo do PP”.

Unhas 200 persoas asistían a este mitin, o primeiro de Anova en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Unhas 200 persoas asistían a este mitin, o primeiro de Anova en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

O mitin completábase coa intervención de Lito Prado que, visiblemente emocionado, afirmaba que “Anova estará seguro no Concello e este feito é o mellor seguro para un goberno decente e participativo centrado na creación de emprego e benestar”. E insistía en que este partido non permitir “nin por activa nin por pasiva que volva o PP que secou as nosas Burgas”.

Lito Prado pechaba o turno de intervencións neste acto./ Foto: Carlos G. Hervella.
Lito Prado pechaba o turno de intervencións neste acto./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close