Primeiro partido de liga para o Campus Universitario Ourense RC, este domingo en Vigo

Os ourensáns abren a tempada de rugby na división de honra B co derbi galego ante o Kaleido

Esta fin de semana arranca a tempada de rugby, a terceira para o Campus Universitario Ourense RC na división de honra B que os de David Monreal disputarán a domicilio.

O Campus de Lagoas (Marcosende, Vigo) acollerá a partires das 12h. o primeiro derbi galego da tempada: Kaleido Vigo R.C.-Campus Universitario Ourense Rugby. E ante o inminente comezo de liga, o club ourensán presentaba, na tarde do 11 de setembro, o equipo que competirá en Ourense esta tempada.

No acto, celebrado no Campus das Lagoas de Ourense, presentábase especialmente aos novos xogadores neozelandeses: Sam Shearer, Reuben Spicer, George Stratton, Tuuta Simaile e Zach Clarke. Recén chegados á cidade das Burgas, trala presentación puxéronse ás ordes do adestrador, David Monreal, no que foi o seu primeiro adestramento como xogadores do Campus Universitario Ourense.

A segunda xornada de liga, a primeira en Ourense, enfrontará aos locais cos vascos do Getxo RC.

Fotos: Campus Universitario Ourense.

 

Cartel do primeiro partido da tempada de rugby en división de honra B.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies