CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Primeiro partido e primeira vitoria da tempada para o CD Barco

O solitario gol de David Álvarez dá os tres primeiros puntos ao equipo de Manolo Pérez no encontro disputado na Estrada

David Álvarez. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Cun aforo moi limitado, con fortes medidas de seguridade sanitaria e con moito respecto arrancaba a tempada 2020/2021 na terceira división de fútbol. Unha campaña que para O Barco abríase a domicilio, no campo do CD Estradense, na tarde deste domingo 18 de outubro.

Os de Manolo Pérez viaxaban ata A Estrada cun plantel moi completo e equilibrado pero cunha pretempada máis frouxa do desexado (unicamente disputaron dous amigables, en Bembibre e na Bañeza), pero o resultado para este peculiar inicio (case dous meses máis tarde do habitual debido á pandemia), non pudo ser máis positivo.

Tras unha primeira parte sen goles no Novo Municipal da Estrada, o gol de David Álvarez no minuto 61 daba a vitoria aos do Barco que abren o seu historial cos tres primeiros puntos que dan folgos para reencontrarse coa afección vermella. Iso será xa na vindeira fin de semana, o domingo 25 de outubro, no campo de Calabagueiros fronte ao Alondras CF que vén de sumar tamén tres puntos tras superar 1-0 á UD Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button