DeportesÚltima hora

Primeiro título para o CN Escualos no seu segundo ano de existencia

O equipo ourensán proclamouse campión do circuíto galego de aguas abiertas máster 2017
Equipo máster do CN Escualos.

O Club Natación Escualos vén de convertese no gañador do circuíto de augas abertas na categoría máster masculino cun total de 338 puntos, seguido polo CN Riveira con 150.

Tal como explican dende o equipo ourensán, este resultado obtívose grazas aos puntos obtidos por Baltasar García que se convertía en campión individual de máster 2 masculino (161 puntos) e Jesús Quintas, segundo clasificado na mesma categoría (145 puntos).

O club consegue así o seu primeiro título no segundo ano de vida.

Artigos relacionados

Back to top button