CulturaCulturaÚltima hora

Primeiros achádegos arqueolóxicos vinculados á guerrilla nos montes de Casaio

Un equipo de investigación desenvolve dende o 21 de xullo unha campaña arqueolóxica na que descubriron novas estruturas nas que habitaban os guerrilleiros e tamén diverso material

Son xa tres días de escavacións na “Cidade da Selva”, termo que usaban os guerrilleiros antifranquistas para referirse ao conxunto de campamentos que se estendían a primeiros dos anos 40 polos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras). O colectivo Sputnik Labrego iniciaba o 21 de xullo unha campaña arqueolóxica que xa comeza a dar os seus froitos e que dirixe Carlos Tejerizo.

Iniciaban as escavacións no Val das Morteiras, unha zona de difícil acceso, na que se topaban cunha gran concentración de chozos, habitados antano polos guerrilleiros. Dos catro que inicialmente asociaban á guerrilla, epasaron agora a comprobar que son nove. Por un deles, segundo o equipo de investigadores, pasaron guerrilleiros de sona como Arcadio Ríos.

Descubrían tamén a parte dedicada á cociña e neste entorno un posible utensilio de cociña. Tamén descubrían noutra das zonas unha acumulación de metais e un peite cargador de mauser.

Imaxes: Sputnik Labrego.

Artigos relacionados

Back to top button