ConcellosEn portadaÚltima hora

Primeiros pasos para a posta en marcha da concentración parcelaria de Placín-San Miguel-Requeixo

O alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez, vén de reunirse con Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural, para abordar este tema
O alcalde de Manzaneda na reunión con Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural.

Félix Domínguez, alcalde de Manzaneda, vén de expoñerlle ao director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez, o proxecto de reestruturación parcelaria en varias das súas aldeas: Placín-San Miguel-Requeixo. “Trátase dunha reestruturación parcelaria de carácter público, por iniciativa do concello e que conta co respaldo das persoas titulares das parcelas e explotacións existentes”, tal e como se informa dende o Concello de Manzaneda

Implicaría a unha zona de 837 ha de superficie con un perímetro de 23´64 km e máis de 11300 parcelas. “A histórica fragmentación da propiedade da terra en moitos casos dificulta o crecemento das explotacións agrarias, a utilización de maquinaria e o óptimo aproveitamento da superficie. Con este proceso de concentración parcelaria preténdese conseguir unha ordenación da superficie agraria que permita un uso adaptado ás necesidades agrícolas desta zona”, sinala o rexedor.

A esta reunión mantida co director xeral de Desenvolvemento Rural, súmase o oficio de solicitude de avaliación previa que o concello iniciou no ano 2017. Con esta iniciativa preténdese a mellora das estruturas agrarias orientada a favorecer o desenvolvemento económico das explotacións atendendo a diferentes criterios.

Artigos relacionados

Back to top button