OurenseÚltima hora

Priscila presenta en Ourense o seu novo espectáculo “Ensayos Intrusos”

O grupo ourensán dará un concerto o 30 de novembro en DIVERBOLOS-La Bolera

O grupo ourensán Priscila.

 

O vindeiro sábado 30 de novembro, o grupo ourensán Priscila presentará en casa o seu novo traballo Ensayos Intrusos, un espectáculo que transforma as paredes do local de ensaios nunha membrana permeable. “Priscila aborda os escenarios e salas de concerto coa intención de transformar aos espectadores en Voyeurs do seu proceso creativo”, explican dende o departamento de comunicación da banda que, a través deste formato “mestura a súa faceta máis intimista coa forza e a enerxía dos seus directos que lle son reconocibles”. A iluminación, escenografía, comunicación co público son aspectos que alimentan a creación dun show que mestura diferentes disciplinas artísticas coa intención de ofrecer algo máis que unha proposta musical ao uso: un espectáculo para escoitar, sentir e participar.

Priscila ten preparada unha viaxe no tempo cara os anos 60 e 70 e recolle as poderosas melodías de The Beatles, pasa polos 80 e estuda o son das guitarras de The Romantics, bota a vista cara A Movida para atopar a enerxía e irreverencia escénica e bebe cada día das novas influencias musicais máis actuais. Todo mesturado nun pequeno local de ensaio de 12 metros cadrados organízase en pequenas grandes cancións que invitan ao público a vivir unha especie de Regreso ao Futuro musical.

A cita será en DIVERBOLOS-La Bolera (r/ Benito Vicetto 6, Ourense-Zona univesitaria), dando comezo o espectáculo ás 23h. As entradas poderán adquirirse a través das RRSS da banda ou no propio local de concerto por 5€.

Artigos relacionados

Back to top button