ConcellosÚltima hora

Prisión para un veciño de Viana do Bolo como autor dun delito contra a saúde pública

Vendía drogas na Gudiña e foi detido pola Policía Xudicial da Garda Civil de Verín
Imaxe do material incautado.

Un veciño de Viana do Bolo era detido o 3 de abril como presunto autor dun delito de tráfico de substancias estupefacientes.

O equipo da Policía Xudicial de Verín tiña coñecemento o pasado 1 de abril dun presunto delito contra a saúde pública na zona da Gudiña. Tal como explican dende a Garda Civil, tras establecer labores operativas para verificar existencia do mencionado delito observan “como o detido tomaba un tren con destino a Madrid sen equipaxe e sobre as 22 horas regresaba á estación da  Gudiña e tras identificalo nun cacheo, entre as pernas oculta un paquete que resulta ser 90gr de cocaína de gran pureza, ademais portaba 5,7gr de aceite de hachís”. Nun rexistro realizado no seu domicilio, na mañádo 4 de abril, o mesmo equipo interviu “5gr de cocaína, 225gr de marihuana, 3.300 euros e básculas e útiles para a manipulación de drogas, así como dous envoltorios con cocaína preparados para súa venda”.

O detenido, que segundo a Garda Civil, “vendía ao menudeo en localidades da Gudiña” pasaba a disposición xudicial no Xulgado 2 de Verín que decretou o seu ingreso en prisión.

Artigos relacionados

Back to top button