EconomíaEconomíaÚltima hora

Privilege Style incorpora un Boeing 777

A compañía, propiedade do bróker aéreo Empty Leg, suma o sexto avión á flota
Bautizo do Boeing 767 "Manuel Barreiros" o ano pasado en Madrid.
Bautizo do Boeing 767 “Manuel Barreiros” o ano pasado en Madrid.

Propiedade do bróker aéreo Empty Leg, que realiza anualmente máis de 4.000 voos utilizando avións de máis de 60 compañías, a compañía Privilege Style centra a súa actividade na realización de voos privados para as principais empresas e equipos deportivos de España e Portugal, así como para outras compañías aéreas e para touroperadores e compañías navieiras de toda Europa.

O empresario trivés Chema Álvarez, presidente de Privilege Style.
O empresario trivés Chema Álvarez, presidente de Privilege Style.

Co empresario trivés Chema Álvarez á cabeza, a compañía aérea española vén de firmar co principal lessor do mundo, AerCap, “a incorporación dun Boeing 777, en réxime de leasing operativo e por un período inicial de seis anos”. Trátase dun modelo da serie 200ER, fabricado en 2002 cunha capacidade para 299 pasaxeiros (28 en business class).

Con 63 metros de lonxitude e 61 de envergadura, o Boeing 777-200ER “é un dos avións con maior autonomía do mundo, cun alcance de 14.300 quilómetros. Ten unha capacidade de combustible de 171.000 litros e o peso máximo ao despegue sitúase en 286.900 quilogramos” tal como explican dende a compañía, adiantando que a entrega “realizarase en setembro de 2015”.

Con este avión, son xa seis as naves coas que conta Privilege Style: 2 Embraer 145 (un deles de próxima incorporación), con capacidade para 50
pasaxeiros; 2 Boeing 757-200, con capacidade para 216 pasaxeiros; 1 Boeing 767-300ER, con capacidade para 247 pasaxeiros; e 1 Boeing 777-200ER, con capacidade para 299 pasaxeiros.

Artigos relacionados

Back to top button