En portadaÚltima hora

Privilege Style presentará en Madrid o seu novo Boeing 777

A compañía do empresario trivés Chema Álvarez, bautizará o quinto avión da flota co nome de “Auria”
Bautizo  do Boeing 767 "Manuel Barreiros" en 2013 . /Foto: Carlos G. Hervella.
Bautizo do Boeing 767 “Manuel Barreiros” en 2013 . /Foto: Carlos G. Hervella.

1 Embraer 145, con capacidade para 50 pasaxeiros; 2 Boeing 757-200, con capacidade para 216 pasaxeiros; 1 Boeing 767-300ER, con capacidade para 247 pasaxeiros; e 1 Boeing 777-200ER, con capacidade para 299 pasaxeiros. Son os avións cos que conta acualmente a compañía Privilege Style, pertencente ao grupo de transporte aéreo Empty Leg, con sede en Palma de Mallorca, propiedade do empresario ourensán Chema Álvarez.

Unha compañía que segundo os datos de Expansión, prevé pechar o exercicio 2015 cunha cifra de negocio de 69,5 millóns de euros, un 2,5% máis que o ano anterior, grazas á ampliación da flota e á mellora da eficiencia de custes, contemplando o aumento de resultados ata os 78 millóns nun prazo de catro anos.

O piloto e emprendedor trivés Chema Álvarez sobre o Boeing 767 da súa propiedade. /Foto: Carlos G. Hervella.
O piloto e emprendedor trivés Chema Álvarez sobre o Boeing 767 da súa propiedade. /Foto: Carlos G. Hervella.

En doce anos, a aerolínea de capital ourensán Privilege Style destaca como a compañía líder en España en voos privados de capacidade media (encargada do transporte aéreo das expedicións de clubs españois de fútbol e baloncesto nos seus desprazamentose). Empty Leg afiánzase como o maior bróker aéreo integramente español.

Seguindo a tradición de poñer aos avións nomes relacionados coas súas orixes (A Pobra de Trives, Ourense), a última adquisición de Empty Leg, o Boeing 777-200ER, o primeiro modelo destas características en operar en España, será bautizado co nome de “Auria” nun acto que terá lugar en Madrid o vindeiro 28 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button