ConcellosTrivesÚltima hora

Proba de sirenas da presa das Guístolas (Trives), o 21 de xuño

Exterior do Concello da Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello da Pobra de Trives vén de informarse de que o vindeiro 21 de xuño, ao longo da mañá, vaise realizar unha proba das sirenas da presa das Guístolas, un elemento de aviso á poboación en caso de producirse un incidente grave.

“Esta proba vai servir para avaliar o seu correcto funcionamento, así como para dar a coñecer o seu son aos cidadáns”, sinala a alcaldesa, Patricia Domínguez, no bando publicado polo Concello. Ademais, indica que “máis aló destes sinais acústicos, a actividade dos veciños non se verá afectada, e poden continuar coas súas actividades habituais”.

 

Artigos relacionados

Back to top button