En portada

Proba galega de medio maratón en Petín

A vila acollerá o campionato autonómico na mañá do 20 de setembro e tamén unha nova andaina
Altetas a punto de tomar a saída na pasada edición do medio maratón de Petín./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Altetas a punto de tomar a saída na pasada edición do medio maratón de Petín./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A competición autonómica regresa a Petín. Tras tres anos como cita popular, o Medio Maratón “Vila de Petín” será de novo na súa sexta edición campionato galego nesta distancia. A proba, que se completa cunha andaina, está programada para o 20 de setembro. Deste xeito avanza no calendario (xa que acostumaba celebrarse a primeira fin de semana de setembro) e ademais cambia o seu horario e desputarase de mañá.

O punto de partida será, como en anteriores anos, a praza de Petín. Ás dez e media darase a saída da andaina e ás once comezará a carreira. Nela cubrirán un circuíto interurbano de gran dureza e 21.097 metros. Discurrirá polos concellos de Petín, A Rúa e Vilamartín. No traxecto habilitaranse postos de avituallamento líquido cada 5 km. As inscricións da carreira poderán realizarse en www.carreirasgalegas.com. No caso de competir no galego, os atletas terán que anotarse na web da RFEA. E para a andaina as inscricións poden realizarse no Concello de Petín ou nos bares.

Artigos relacionados

Back to top button