DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A proba popular do Barco abre a III Travesía a nado de Valdeorras

Pola tarde terá lugar a competición de 2.525 metros e de 5.050 metros en Vilamartín

Dende a beira do Sil nas proximidades da rúa Real do Barco dábase á saída a proba de natación popular coa que se encetaba na mañá do 9 de setembro a III Travesía a nado de Valdeorras. Esta cita, sen carácter competitivo, comezaba pasadas ás once e media e cubría unha distancia duns 350 metros ata a praia fluvial do Malecón barquense. O primeiro en chegar á meta era Eloy Rodríguez (Adas Natación).

Entre o público que seguía a proba no Malecón estaban os alcaldes do Barco e de Vilamartín, Alfredo García e Enrique Barreiro, respectivamente; así como o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso.

A competitición propiamente dita da travesía terá lugar a partires das cinco deste tarde. Os nadadores sairán dende a zona do Bañadoiro e cubrirán un circuíto de dúas distancias: unha de 2.525 metros e outra de 5.050 metros. Esta travesía será organizada polo Adas Natación en colaboración cos Concellos de Vilamartín e O Barco.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos sobre a Travesía a nado de Valdeorras:
https://osil.info/medio-cento-de-nadadores-disputan-iii-travesia-de-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button