En portadaÚltima hora

As probas do IX Cross da Rúa, en imaxes

Nesta cita galega e provincial dábase cita máis de 30 equipos da comunidade

Cunha moi alta participación se saldaba esta nova edición do Cross da Rúa. Un día de sol, cun circuíto en boas condicións e sen barro esperaba aos numerosos atletas de diferentes idades e diversos puntos da xeografía galega que se daban cita no Aguillón na mañá do 15 de xaneiro. O único que se botaba en falta era algo máis de público animando aos deportistas. A competición comezaba rozando ás once da mañá coas categorías base na final comarcal escolar.

Logo competían os cadetes, os xuvenís, veteranos e absolutos (tanto femininos como masculinos), xa que esta cita era ademais campionato galego de campo a través de veteranos e campionato provincial de cross-Copa Deputación.

Os corredores pertencían a un total de 34 clubs. Entre eles estaba o Club Adas Proinor cunha notable participación, pero tamén outros equipos da comarca como Atletismo Rúa e da provincia como o Burgas Ourense, o Ourenrunning ou o Ourense Atletismo.

Nas categorías base houbo ademais presenza de atletas de diversos centros escolares valdeorreses e doutras zonas ourensás.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e imaxes:

https://osil.info/esther-navarrete-adas-e-victor-riobo-ganadores-absolutos-no-cross-da-rua/
https://osil.info/o-adas-masculino-m35-ganador-galego-de-cross-na-rua/

Artigos relacionados

Back to top button