ConcellosÚltima hora

Problemas en Candís e Coedo pola rotura da captación de auga do Barco

O Concello vén de anunciar que encherá con cisternas os depósitos de ambas poboacións
Imaxe da localidade barquense de Coedo.
Imaxe da localidade barquense de Coedo.

Como consecuencia da rotura dun tramo da captación de augas do Barco, que se producía na noite do 5 de xaneiro, téñense producido problemas no suministro nas localidades de Candís e Coedo. No caso do casco urbano barquense a posta en marcha da depuradora de Viloira permitía garantir o suministro.

No referente a Coedo e Candís, o Concello do Barco ten posto en marcha “un operativo para encher con cisternas os depósitos de ambas poboacións que, a partires do mediodía do 6 de xaneiro xa terán garantido o suministro. O enchido con cisternas manterase ata que finalicen os traballos de reparación da avaría, que se executarán o antes posible, unha vez se dispoña dos materiais necesarios para a súa realización”, tal e como se informa dende esta administración local.

Dende o Concello barquense tamén se indica que os técnicos do Consorcio de Augas están traballando dende primeira hora da mañá do mércores con responsables municipais para “avaliar a avaría e proceder á súa reparación o antes posible, así como para garantir o suministro ás dúas poboacións afectadas”. Asemade destácase que se trata dunha “avaría importante, pero conseguíuse atallar os problemas con celeridade, evitando restricións de auga no casco urbano”.

Artigos relacionados

Back to top button