En portadaÚltima hora

Problemas nas antenas de TV no Barco

O número de teléfono gratuíto ao que poden chamar os afectados é o 900 833 999
Un televisor apagado no Barco.
Un televisor apagado no Barco.

Dende comezos de semana, véñense rexistrando problemas na recepción de certos canais de televisión en residencias do casco vello do Barco de Valdeorras. Tal como informan dende o Concello “segundo as comunicacións recibidas, os técnicos que revisaron as antenas indicaron que os problemas viñeron xerados pola implantación da tecnoloxía 4G para móbiles no municipio barquense”.

Xa no seu momento, o Concello difundira un tríptico informativo remitido polo Goberno central sobre as posibles interferencias e problemas así como un número gratuíto para que os veciños comunicaran calquera incidencia.

O número ao que poden chamar é o 900 833 999 e dende o Concello tamén lembran que “calquera cambio que sexa preciso realizar nas antenas é gratuíto para os veciños”.

Artigos relacionados

Back to top button