En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A problemática e o futuro das zonas de montaña, analizados en Trives

O Auditorio Julio Vázquez da vila acollía a xornada “As figuras de protección medioambiental da UE en zonas de montaña”, organizada por GUE/NGL en colaboración con AGE

Moi ricos e variados son os valores e recursos das zonas de montaña galegas. Sen embargo, estas zonas precisan de políticas axeitadas que teñan en conta as necesidades e demandas dos seus habitantes e que permitan fixar poboación nelas, asegurando deste xeito o seu futuro. Nesta cuestión incidían ponentes e participantes na Xornada sobre “As figuras de protección medioambiental da Unión Europea e zonas de montaña”, que se celebraba o 16 de abril no Auditorio Julio Vázquez de Trives.

Este foro, que reunía a unha ducia de ponentes (entre eles técnicos, agricultores e gandeiros), apostaba por poñer en valor as figuras de protección medioambiental, analizalas e debater sobre elas como un camiño máis para contribuír a manter viva a montaña galega.

A apertura do encontro corría a cargo de Lidia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) en Europa, quen resaltaba a importancia da montaña e a necesidade de que dende as institucións políticas “non se esqueza ás persoas que viven nela” e que permiten a pervivencia destes entornos. Tamén destacaba o valor de afondar no coñecemento das figuras de protección ambiental para as zonas de montaña co fin de “explorar como aproveitar mellor este marco e como desenvolver as actividades dentro del”. E subliñaba “a necesidade urxente de profundizar en políticas específicas” para estes espazos e de “potenciar a actividade agraria, xa que a agricultura e a gandeiría poden ser perfectamente compatibles coa protección do medio ambiente. Hai que esixir das administracións medidas concretas”.

Durante a mañá nesta xornada, seguida por unhas 60 persoas, participaban como ponentes Guzmán Ouro Vilariño, enxeñeiro de Montes, técnico agrícola e xefe do Servizo de Conservación da Natureza de Lugo (quen foi presentado polo alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez); a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba e os expertos Víctor Andrés Álvarez Arias e Xosé Santos Otero, nunha mesa presentada polo deputado de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez.

Xa na sesión da tarde, estaban previstas as intervencións da pastora Nieves Fernández de Quintela do Pando (Viana do Bolo) e do membro de Labregos Daiquí, Manuel García; tamén a do alcalde de Somiedo, Belarmino Fernández, quen tiña progamado pechar o acto falando do Parque Natural asturiano, nunha mesa moderada polo deputado de En Marea no Estado español Miguel Anxo Fernán-Vello.

Estas son as segundas xornadas deste tipo que organiza o GUE/NGL en colaboración con AGEe. Lidia Senra poñía en valor esta iniciativa é aseguraba que “e necesario seguir facendo estas xornadas, onde se pode seguir poñendo en común a problemática da montaña e a busca de solucións”. Asemade resaltaba

A primeira edición destas xornadas tiña lugar en Becerreá no 2015 e nela facíase fincapé en que a actividade agraria é fundamental para manter a montaña viva, do mesmo xeito que o é dispor duns servizos públicos e de calidade para que as persoas poidan vivir con calidade de vida nas montañas.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás a última imaxe da galería que é de AGEe.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close