EconomíaEconomíaÚltima hora

Procesado de marmeladas e elaboración de cosmética natural, no IES Lagoa de Antela

Os alumnos do Ciclo de Hostalaría asistiron a unha xornada didáctica centrada na utilización e aplicación de excedentes de produtos de horta e froitas en sazón

 

Educar aos alumnos a consumir produtos saludables, da zona, endóxenos e evitar globalizacións alimentarias, é o obxectivo da xornada didáctica que tiña lugar esta semana no IES Lagoa de Antela.

Dirixido aos alumnos do Ciclo de Hostalaría, a actividade estivo centrada na utilización e aplicación de excedentes de produtos de horta e froitas en sazón, na elaboración de marmeladas artesanais, creativas e naturais cunha consideranle reducción de azucre engadido.

O obradoiro estivo dirixido por Silvia Garriga xerente e socia de Nela Gourmet, empresa ubicada en Cea cuxa marca se caracteriza por realizar e comercializar creacións culinarias embotadas en tarro de cristal, conservas doces de sabores e produtos singulares como moras e chocolate branco, kiwi e zanahoria, ou atrevidas para mesturar con sabores salgados (pementos verdes e morróns, berenxena,…), entre uotras. Nesta ocasión, a maridaxe non se esqueceu do complemento da terra, un bo pan de Cea.

No mesmo acto a ponente expuso presentou o seu proxecto de cosmética natural sostible Nela Biosense que se basa en aprovecitar recurtes de podas. Xabóns, bálsamos, champús ou produtos cicatrizantes son algunhas das referencias de uso habitual que comercializan, chamando especialmente a atención do alumnado, o bálsamo rexerante de llantén,  que incorpora aceite esencial de loureiro, moi indicado para as queimaduras.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button