ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Procesión da Octava do Corpus en Viloira (O Barco)

Dende o pasado venres 28 de xuño a localidade de Viloira (O Barco) está a celebrar as festas da “Octava do Corpus”. No mediodía deste domingo 30 de xuño tiña lugar a súa misa solemnse, seguida da tradicional procesión, encabezada polas nenas e nenos que veñen de recibir hai uns días a súa Primeira Comuñón. Durante este percorrido relixioso soaba a música do grupo de gaitas Celtas Largos.

A festa continuará pola tarde con actividades infantís e coa actuación da orquestra Solara (que tamén se encargaba da sesión vermú), que ademais lle porá son á verbena. A fin de semana remata aí, pero non os actos festivos que proseguirán ata o 1 de xullo, no que tocará a orquestra La Estación na sesión vermú e pola tarde.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button