O Venres Santo é un dos días máis significativos da semana na que se conmemora a paixón de Cristo dende a entrada en Xerusalén ata o momento da súa resurreción. Por iso, os actos da parroquia da Pobra de Trives comezaban en torno ás 12h. co Vía Crucis. Antes da pandemia celebrábrase polas rúas pero este ano tiña lugar na igrexa parroquial.
Tamén no templo tiña lugar pola tarde a “Celebración da morte do Señor e Adoración da Cruz (colecta para Terra Santa). E xa pola noite celebrábase a oración ante a Cruz e a continuación comezaba o acto central do día: a procesión da Soidade, cuxa comitiva encabezada pola Virxe das Dores, percorría as rúas da Pobra de Trives, iluminadas con veas e cirios.
Antes de comezar a procesión, membros da Confraría poñían unha mesa con cirios e candeas para a xente. Ademais, como xa é habitual, neste acto tamén colaboraba Protección Civil, velando pola seguridade dos asistentes durante o percorrido.
Fotos: Carlos G. Hervella.