ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Procesión da Virxe da Encarnación en Sobradelo

Saía ás 12:30h. deste luns dende a igrexa parroquial e percorría o centro desta localidade do municipio de Carballeda de Valdeorras

Ao ritmo da Charanga Europa comezaba a xornada deste 29 de abril en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Esta localidade iniciaba o 27 de abril as súas festas na honra da Virxe da Encarnación que neste luns chegan á súa última xornada.

Ás 12:30h. saía da igrexa a procesión encabezada pola imaxe da Virxe e, tras percorrer as rúas da vila, oficiábase a misa. Despois tiña lugar unha sesión vermú a cargo da Charanga Europa. Xa pola tarde, ás 20h. haberá baile coa orquestra Compostela.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button