ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Procesión da Virxe de Fátima no Barco

Celébrase dende hai cinco anos promovida por un grupo de devotos portugueses que residen na vila

Dende a Igrexa de Santa Rita saía na tarde do 13 de maio a imaxe da Virxe de Fátima no Barco. Percorría as rúas España e Balorca para, de seguido regresar ao tempo, nunha procesión que se vén celebrando dende hai xa cinco anos nesta vila.

A idea partía dunha devota portuguesa que reside no Barco e que tivo a iniciativa de mercar a figura da Virxe de Fátima que agora se leva en procesión. A ela uníronse outro grupo de portugueses que, dende entón, colaboran para facer posible este acto relixioso. Mercan as flores para a Virxe e engalanan a imaxe. Ademais celébrase unha misa na honra desta Virxe o día 13 de cada mes.

Numerosas persoas participaban nesta procesión que se celebraba na tarde do 13 de maio, seguida dunha celebración relixiosa que concluía ademais coa primeira das novenas na honra da Santa Rita.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button