En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A procesión de camións percorre as rúas do Barco

Uns 25 vehículos participaban na festa de San Cristóbal promovida dende COASVA

Os camións foron os protagonistas da tarde do 8 de xullo no Barco de Valdeorras. No marco da Festa de San Cristóbal promovida por COASVA (Condutores Asociados de Valdeorras), asadas as oito da tarde comezaba, na explanada do Malecón a misa adicada ao santo. De seguido, os camións participantes nesta edicións (uns 25) engalanados para a ocasión, eran bendecidos polo párroco, Ángel Sánchez, antes de comezar o percorrido pola vila, facendo soar os claxóns e repartindo caramelos entre o público espallado polas beirarrúas.

A procesión chegaba ata Viloira, onde daba a volta e regresaba ata o Malecón. A festa seguía ao ritmo do Trío Medianoche e cunha cea, ademais do sorteo de agasallos. No decurso da celebración, a organización entregou unha placa á muller dun compañeiro, recentemente falecido.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button