CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

Procesión de San Antón en Sobradelo

 

A devoción que esperta San Antón de Padua, avogado dos obxectos perdidos e das mozas casadeiras, queda patente no gran número de parroquias e vilas que celebran a súa festividade. Só na comarca de Valdeorras temos varios exemplos (Fontei na Rúa, O Campo no Barco e Sobradelo, capital de Carballeda de Valdeorras), de lugares nos que cada 13 de xuño honran a imaxe deste santo nado en Lisboa (Portugal) cuxa iconografía o representa acompañado da figura dun neno.

 

 

 

 

Tanto en Fontei coma no Campo, os cultos centrais celébranse o 13 de xuño (Día de San Antón), pero en Sobradelo adiantábanse dous días e era no mediodía deste sábado día 11 cando se veneraba a súa imaxe. Trátase dunha celebración sinxela, limitada ao barrio de Sobradelo Vello, para a que normalmente colaboran os comercios e os veciños. É unha festa que se leva facendo dende hai moitos anos, ten moita tradición e á xente gústalle precisamente porque é sinxela, organizándose por e para o pobo, ata agora. Despois de dous anos de pandemia, neste 2022 recuperábase a procesión polo barrio, pero non así a celebración lúdica.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button