En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Procesión de San Roque no Barco

O barrio barquense de San Roque está en festas. Neste mediodía de 16 de agosto os seus veciños levaban en procesión a imaxe do santo, co seu tradicional acio de uvas brancas pendurado. Tamén nesta procesión, cunha notable asistencia, saía a imaxe da Virxe. Neste acto relixioso tocaba un grupo de gaiteiros, acompañado de pandeireita e acordeón.

A procesión saía dende a capela de San Roque e despois iniciaba un traxecto polo barrio, cruzando pola avenida Manuel Quiroga,  seguindo pola rúa San Roque para, deseguido, pasar pola Praza das Airas e regresar novamente a Manuel Quiroga. Dende aí voltaba á capela, onde se celebraba a misa. Neste percorrido contouse coa colaboración da Policía Local do Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button